Publicaciones y Prensa

27/07/2015

"Os segredos do chef que fai a mellor tortilla de España"

– Fuente: Televisión de Galicia
show cooking Senen.jpg

É sabido que tortilla de patacas como a da casa non hai. Pero o certo é que tamén nisto hai expertos. Un deles o chef Senén González que recibiu o premio á mellor tortilla de España. Hoxe estivo en Galicia e canda el tivemos a oportunidade de coñecer algúns dos segredos millor gardados para que a nosa tortilla de patacas sexa de dez.

Ver vídeo

Semella sinxelo, pero o certo é que facer unha tortilla de patacas con xeito ten o seu aquel. O primeiro, din os entendidos, é atopar productos de calidade e neso en Galicia, aseguran, xogamos con vantaxe.

"Importantísimo, bos ovos, neste caso da marca Coren. Patacas boas, en Galicia hai unhas patacas espectaculares. Eu traballo con pataca galega pode ser Kennebeck, agria e aceite de oliva virxen extra, e unha boa técnica, e moito agarimo"

E quen fala non é calquera. O chef Senén González levou o premio á millor tortilla de patacas de España. Un galardón co que competiu con cociñeiros de todo o país. Agora vai colaborar con Coren para comercializar a súa tortilla de patacas elaborada con ovos camperos e patacas galegas.

"Queremos ampliar a gama, ampliar surtido, sobre todo con productos da nosa terra, de Galicia, de Coren, e que sexan cómodos e fáciles para todos os consumidores de hoxe en día que tan pouco tempo temos, todos en xeral"

Hoxe foi a estrea así que en adiante semella que non haberá excusa para comer calquera día unha tortilla feita por profesionais.

Compártelo
TweetSharePin